martes, 12 de mayo de 2020

Peche definitivo para as competicións 2019 - 2020

Hola a todos/as

Os dejamos el resumen de la página Web de la Federación Gallega de Baloncesto donde explican los motivos por los que dan por finalizada la presente temporada.



 A Federación Galega de Baloncesto dá por concluída a temporada 2019 - 2020. A entidade federativa, tras finiquitar a consulta realizada á súa Asemblea Xeral, na que se lle cuestionaba sobre o criterio de actuación respecto a todas as competicións vixentes ante o escenario de alerta sanitaria e estado de alarma, comunica que estas finalizan de xeito definitivo.

En concreto, e cunha participación total do 73% da Asemblea FGB, a opción resultante como a máis votada, elixida por máis da metade dos votantes; foi a de non continuar coa competición, pechando as ligas sen palmarés de campións nin descensos e, no caso daquelas que tivesen establecidos ascensos, disputar fases clasificatorias no futuro, en forma e data a determinar. 
Encaramos unha situación que a Federación Galega de Baloncesto nunca quixera ter que afrontar, pero a prioridade neste intre é a saúde de todos, cumprir as medidas marcadas polas autoridades sanitarias, así como respectar a decisión da Asemblea Xeral, órgano supremo da FGB. Neste punto, a Federación Galega de Baloncesto lamenta todas as molestias que este peche competitivo pode ocasionar, e quere recoñecer e agradecer o esforzo humano e a comprensión de toda a familia do Baloncesto Galego: xogadores, adestradores, árbitros, oficiais de mesa, persoal deportivo e directivo dos clubs e afeccionados.
Dende este mesmo intre, a FGB continúa traballando a través da súa Xunta Directiva e Comisión Delegada no estudo das bases de competición da vindeira temporada e das medidas necesarias a tomar para protexer ao Baloncesto Galego e ao seus clubs ante o novo escenario sanitario, deportivo e estrutural que debemos afrontar.
Incidir en que a FGB continúa dispoñible para o contacto directo con todos os clubs e federados de xeito virtual a través dos seus mails oficiais e redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario