A FGB, en colaboración con CAIXABANK; abre o VIII Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal”, concurso que celebra a súa oitava edición consecutiva co obxectivo de elixir a postal que, vinculando o Baloncesto e o Nadal, desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto.
A postal vencedora en 2016 foi a de Alex Casás, do CB Nigrán.
Este VIII Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal" permanecerá aberto dende hoxe mesmo, e ata o vindeiro 20 de decembro; convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete que así o desexen.As bases e principais requisitos do Concurso
poden consultarse xa no documento que achegamos, definindo ademáis no
mesmo o carácter dos premios que recibirán o vencedor e o segundo
clasificado, así como o número de postais participantes que serán
merecedoras dun agasallo en gratitude pola súa participación.
VIII Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal 2017”: consulta aquí as bases oficiais
No hay comentarios:
Publicar un comentario