viernes, 1 de noviembre de 2019

O BALONCESTO EDUCA



Reunión formativa do proxecto "O Baloncesto Educa" dirixida os pais, nais ou titores de xogadores/as de equipos PreMinibasket (3º e 4º de primaria):

Dende a Federación Galega de Baloncesto, polo presente mail, convocámosvos a participar na primeira das reunións formativas do noso proxecto “O Baloncesto Educa” nesta temporada 2019 – 2020.
Este proxecto, que busca educar en valores a través do Baloncesto, e que implica a tod@s os actores do mesmo (xogador@s, árbitr@s, adestrador@s, familias d@s xogador@s…) pasará nesta temporada a poñerse en marcha en toda a categoría PREMINIBASKET, e por iso, como pais, nais e titores que sodes dos xogadores e xogadoras desta categoría, queremos darvos a coñecer nunha xuntanza o grado de colaboración que precisamos de vós neste proxecto, así como as ferramentas para levalo a cabo.
Da man de Maísa López, que será a responsable do proxecto para a Delegación de Lugo realizaremos o mércores, 6 de novembro (19.45 h. Salón de actos da Casa do Deporte) unha reunión na que desexamos contar con todos vós.
Agardando contar coa vosa presenza nesta xuntanza, e que durante a mesma poidades coñecer polo miúdo todos os detalles do proxecto do que todos tomaremos parte, así como resolver dúbidas, agradecemos de antemán a vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario