lunes, 3 de diciembre de 2018

Chega o “X Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

A FGB, en colaboración con CAIXABANK, Caldos Aneto e Creative Textil; activa unha temporada máis o seu xa tradicional  “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que busca elixir a postal que, vinculando o Baloncesto e o Nadal, desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto.





Cumprindo neste 2018 a súa novena edición, o Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal" permanece aberto dende hoxe mesmo, e ata o vindeiro 18 de decembro; convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete que así o desexen.
As bases e principais requisitos do Concurso poden consultarse xa no documento que achegamos, definindo ademáis no mesmo o carácter dos agasallos que recibirán os autores ou autoras das postal vencedora e da segunda clasificada.
Así mesmo, indicar que as primeiras 20 postais recibidas para formar parte do concurso contarán con recoñecemento a través dun detalle da FGB para cos seus creadores.
Animámosvos a participar!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario