lunes, 5 de diciembre de 2016

Chega o VII Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

Un ano máis, e xa van sete compartindo xuntos esta experiencia creativa, a FGB por en marcha o seu Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal”, co obxectivo de atopar a postal que felicitará as festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto en Galicia.


Postal de Lois Patiño, de 8 anos de idade, 1º premio na pasada edición


O Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal” suma neste ano 2016 a súa sétima edición, e dende hoxe mesmo, e ata o vindeiro 20 de decembro permanece aberto o prazo para recibir postais.

Convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de preminibasket a cadete que o desexen; a FGB abre este luns, 5 de decembro, o prazo para participar neste concurso, cuxas bases oficiais xa se poden consultar.

De novo “O Baloncesto e o Nadal” é a fórmula escollida pola FGB para determinar a imaxe oficial coa que desexará un bo Nadal a todos, contando ademais coa colaboración especial este ano de Caixabank, CENOR e Caldos Aneto.

Con dous lotes de premios especiais en xogo para a postal vencedora e a segunda en orde de elección, así como con agasallo especial para as 20 primeiras postais que se reciban, o certame galardoará ás dúas propostas de debuxo que, a criterio do xurado, mellor vinculen ao deporte do BALONCESTO cos mellores desexos de NADAL e ano novo.

A normativa oficial e o detalle concreto dos galardóns que recibirán os premiados do concurso poden consultarse xa no documento que achegamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario